#25N_Charlamos con Miriam Couceiro Castro

Na biblioteca levamos a cabo unha charla co alumnado de bacharelato coa socióloga ,activista e escritora  Miriam  Coucerio sobre os dereitos das mulleres e como ve ela a través da súa obra o estado actual da situación. Falamos de RRSS, de hipersexualización e da causa-efecto que isto ten na visión das relacións afectivas dos rapaces/as […]

Samaín: lendo contos de terror con Allan Poe

Nesta celebración do Samaín , seleccionamos tres contos: ” O corazón delator”, ” O escarabello  de ouro” e  ” O gato negro” e facemos unha aproximación á vida do autor para situarnos no tempo que lle tocou vivir e as circunstancias persoais que marcaron a súa biografía e en consecuencia a súa obra. Poe pasou […]

Entrega Premios «Contos de Terror»

Na celebración do outono co Samaín convocamos un concurso onde o noso alumnado elaborase un pequeno relato no que o medo, o terror e o sobrenatural que trae a oscuridade destas datas estivese presente. Este ano as gañadoras foron dúas rapazas da F.P. Básica de Cociña e Restauración: IRIA  FERRO e CLAUDIA GAVILÁN. Aquí podedes  atopar […]

Samaín na Biblioteca_24

    Celebramos co noso alumnado a entrada do frío e das lecturas de medo e terror….e para ambientar a biblio decoramos os andeis e os espazos para disfrutar das actividades que imos celebrar.     En primeiro lugar o departamento de Inglés preparou unha actividade moi creativa e baseada nas lendas e nos contos macabros […]

Outono de terror

Durante estas semanas nas que a luz empeza a minguar e as tardes de frío son máis longas, decoramos coa axuda do voluntariado a nosa biblioteca para ambientala adecuadamente propoñendo lecturas e películas de medo, de terror  dende os grandes clásicos como Poe, Lovecraft, Óscar Wilde ou Mary Shelley ata os máis modernos como Stephen […]

Xornadas de Benvida curso 24_25

Co inicio do novo curso o equipo da biblioteca fai o acollemento aos novos cursos de 1º de bacharelato e de ciclos formativos. Nesta visita organizada, faise a explicación de todas as cuestións relativas ao funcionamento da biblioteca por parte dun docente do equipo acompañado dun membro do voluntariado de 2º curso que xa coñece […]

Benvida á Biblioteca_curso 23/24

Como todos os anos, recibimos ao novo alumnado que chega ao noso centro e dámoslle unha breve explicación dos espazos da biblioteca e de como acceder aos seus fondos. Despois da explicación, empregamos un  kahoot que nos serve de repaso e ademais fomenta o xogo e a diversión.  

#23Abril_Díadolibro_2023

Co gallo do Día do libro, este ano puxemos en práctica o libro para o amigo/a invisible. O voluntariado da biblioteca elaborou a cartelairía anunciando a actividade e as condicións para levala a cabo. Preparamos un formulario coas preferencias dos ususarios/as para ser deixadas na biblioteca na caixa do correo, e así mesmo había que […]