Para celebrar o Día das Letras Galegas deste 2018 na Biblioteca do centro leváronse a cabo varias actividades entre as que podemos destacar a visita da nosa antiga alumna Estefanía Mosquera e actualmente doutora e profesora na UDC no departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación na área de Didáctica de Língua e Literatura que fixo unha estupenda e moi dinámica exposición sobre o tema » O Humor Gráfico e a Língua Galega», propiciando o debate e a reflexión entre os alumnos e alumnas.
Tamén tivemos uns agasallos en forma de planta có lema » Ler fainos + fortes» que se repartiron entre os alumnos e alumnas para celebrar este día e combinouse coa lectura de obras e autores destacados.
Podedes ver aquí un anaco da charla celebrada na biblioteca