Charla «Proyecto Palmira» por Daniel Yonte e Beatriz Sanz

O 24 de xaneiro tivemos na Bibliteca a sorte de contar cunha charla do noso antigo alumno Daniel Yonte e Beatriz Sanz sobre o Proxecto Palmira de axuda aos refuxiados en Grecia. 

O seu obxectivo é crear unha ponte, unha vía de escape a través da cultura para que algúns dos refuxiados poidan realizar unha residencia artística durante tres meses en España. A cidade de acollida será Pedro Muñoz, en Cidade Real, no Centro Cultural A Harinera, coa que Proxecto Palmira asinou xa un acordo de colaboración, aínda que non pechan a porta a que outros municipios poñan as súas instalacións ao servizo destes creadores esquecidos.

En palabras do propio Daniel aos medios de comunicación: «Tienen que ser personas que hablen un poco de inglés, que tengan pasaporte y que estén dispuestas a que la Embajada les diga que no por cualquier cosa, porque les pidan, por ejemplo, el libro de familia y no lo tengan o los antecedentes penales y no los tengan… Los gastos del visado y de los billetes de ida y vuelta corren de nuestra cuenta, los pagamos con nuestros ahorros, pero la última baza la tiene siempre la Embajada».

Para Proxecto Palmira, a visibilización da realidade dos refuxiados é tamén un punto importante que pesa para que as cousas poidan cambiar, así que, o seu obxectivo é que máis cidades únanse a esta iniciativa de abrir as portas das súas fundacións e servizos ás persoas refuxiadas e, dese modo, aínda que só sexa durante un ano, coñecer e cambiar a súa realidade. Yonte e Sanz contarán na web da OPINIÓN as súas experiencias desta segunda visita a Grecia e traerán ademais, fotos. vídeos e material co que poder traballar non só alí con eles, senón tamén cando volvan, cos que nunca fixeron garda na noite escura por se unha barca neumática tenta chegar á praia, á outra beira, a unha liberdade que non é tal e como lla esperaban.

Esperamos que estas iniciativas prendan  no  noso alumnado e fagan deles unhas persoas solidarias e conscientes dos problemas da sociedade que lles tocará vivir.

Moitas grazas a Daniel e Beatriz e novamente parabéns por un labor tan fantástico!!!!!

Deja un comentario