Roteiro de cidades literarias
CIDADES LITERARIAS: “De Marineda a Macondo, pasando por Narnia”
MATERIAS
Lingua Castelá e Literatura
Lingua Galega e Literatura
Linguas Clásicas
Linguas Estranxeiras
Literatura Universal
Ciencias Sociais
Xeografía e Historia
NIVELES
Educación Secundaria de Adultos/ FP Básica / 1º Bacharelato
COMPETENCIAS BÁSICAS
Competencia en Comunicación Lingüística
Competencia Cultural e Artística
Competencia Dixital
Competencia Social e Cidadá
Competencia en Aprender a Aprender
Competencia en Autonomía e Iniciativa Persoal
METODOLOXÍA
A metodoloxía será eminentemente activa e participativa, axustándose ás demandas do alumnado. Partiremos da aprendizaxe baseada en proxectos ( ABP), sendo un proxecto de traballo colaborativo, con dúas claves, gamificación e curación de contidos, imprescindible para que o alumnado desenvolva unha navegación activa e crítica en redes sociais, e adquira unhas competencias dixitais plenas.
A orientación no proceso de ensino e aprendizaxe será a flipped classroom, onde alumnado convértese en xestor da súa propia contorna persoal de aprendizaxe ( PLE). As novas sociedades da información e da globalidade tecnolóxica, esixen suxeitos activos, capaces de desenvolver a súa propia aprendizaxe, a fin de crear unha competencia plena de aprender a aprender, esencial nas sociedades do século XXI.
O profesorado debe ser un facilitador-orientador nos procesos de ensino e aprendizaxe, e este proxecto permite neste sentido, expor a actividade como unha secuencia guiada por completo na aula para os niveis de competencia máis baixos, ou como unha actividade de ampliación para alumnado máis autónomo. En canto á distribución, a formulación apunta cara ao traballo en grupos pequenos, mellor que de forma individual; mediante a repartición de tarefas traballaranse técnicas de aprendizaxe colaborativa.
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
A secuencia de actividades proposta ( modificable), constitúe en si mesma un pequeno proxecto de traballo porque as distintas actividades que a compoñen entrelázanse e adquiren sentido con vistas á consecución dun produto final comunicativo, neste caso, un percorrido literario.
O proxecto exponse como unha actividade xeral de investigación que implica diversos elementos xa que esixe competencias dixitais e de comprensión/expresión tanto oral como escrita. O aspecto literario forma parte dos nosos contidos (en canto á procura de información dos autores e no referido ás liñas do tempo) e tanto a Xeolocalización como a posible actuación in situ poden servir para abordar as competencias dun modo global. Do mesmo xeito, pódese aproveitar a actividade para outras materias do ámbito humanístico, como Historia, Ciencias Sociais… Pero tamén a preparación deses contidos esixe a posta en marcha de distintas técnicas de traballo, como a procura e selección de información, a súa curación, a expresión oral, a expresión plástica e visual, etc. Así pois, a actividade debe poñer en marcha distintas destrezas.
FASE PREVIA
– Selección de cidades literarias con nome ficticio pero algún referente xeográfico.
– Procura de información sobre as cidades, as obras nas que aparecen e sobre os autores literarios.
– Procura e selección de fragmentos representativos.
– Lectura e comprensión dos textos literarios seleccionados.
ALMACÉN CONTIDOS
– Creación dun sites co nome do proxecto no que se irán almacenando os contidos seleccionados e curados.
CREACIÓN DE AUDIOS
– Gravaranse podcasts de fragmentos da obra literaria na que se faga referencia dalgunha maneira á cidade elixida.
XEOLOCALIZACIÓN
– Elaboración do itinerario coas cidades seleccionadas con Google.Maps ou Geo. aumentaty
– Etiquetaxe coa síntese de contidos seleccionados.
– Elaboración e deseño de liña do tempo
REALIDADE AUMENTADA
– Proposta1 elaboración un póster con RA. do mapa das cidades
– Proposta2 elaboración revista dixital con RA
– Elaboración dunha APP con toda a información contemplada para ser utilizada sobre todo en móbiles.
FICHA TÉCNICA DE CADA CIDADE
NOME CIDADE
– Foto, debuxo, gravado…da cidade literaria ( se é posible) e da correspondencia xeográfica (ás veces será aproximada ou simplemente moi discutida)
FRAGMENTO DESCRITIVO
Da cidade tanto xeograficamente como social ou economicamente, ou de calquera outro aspecto que se considere de interese
A OBRA E O AUTOR: biografía breve e resumo da obra.
PODCAST: o alumno/para gravará audios/vídeo onde lea o fragmento descritivo da cidade….ou na súa falta un fragmento representativo da obra.
MOTIVOS: o porqué de achegarse a esa cidade.
CÓDIGO QR: permitirá acceder a información sobre a cidade, e sobre a obra.
LISTADO DE CIDADES LITERARIAS
- Marineda ( A Coruña), Pardo Bazán, La Tribuna
- Arcadia (Arcadia, Peloponeso) Lope; La Arcadia
- Arkham ( Salem) Lovecraft; El cuadro en la casa
- Atlántida ( Malta, Islas Canarias…) Platón; Timeo
- Attilán ( Himalaya) Stan Lee y Jack Kirby ; Cómics de Marvel Los 4 Fantásticos
- Avalón (Cumberland, Ile Aval ) anónimo; Leyendas artúricas
- Barataria (Alcalá del Ebro) , Cervantes, El Quijote
- Bomarzó ( Viterbo) Mujica Láinez; Bomarzó
- Camelot ( Gran Bretaña) Chrétien de Troyes; Lancelot
- Castle Rock ( Maine) Stephen King; La zona muerta
- El Edén ( O. Medio) anónimo; Antiguo Testamento
- Godric´s Hollow ( Edimburgo) J. K. Rowling; Saga Harry Potter
- Gotham ( N.Y) Bill Finger ; Cómic Batman
- Kinsgsbridge (Condado de Devon) Follet; Los pilares de la Tierra
- Lilliput ( Tasmania) Jonathan Swift; Los viajes de Gulliver
- Macondo ( Aracataca) García Márquez ; Cien años de soledad
- Mágina ( Úbeda) , Muñoz Molina, Beatus Ille
- Narnia ( Narni, Italia) , S. Lewis. Las Crónicas de Narnia
- Ogigia ( Isla de Comino, Malta) Homero; La Odisea
- Olimpo ( Tesalia ) Homero; La Ilíada
- Pandora (El Congo) Sánchez Piñol; Pandora en el Congo; La piel fría
- Pndapetzim ( Asia) Umberto Eco ; Baudolino
- Shangri-La ( Himalaya) James Hilton; Horizontes perdidos
- Santa María ( Montevideo) Juan Carlos Onetti; Juntacadáveres
- Santa Mónica de los Venados ( Brasil) Alejo Carpentier; Los Pasos Perdidos
- Smallville ( Maryland) Alfred Goughy Miles Millar, Superman
- Vetusta ( Oviedo) Clarín; La Regenta
- Xanadú (Mongolia), Marco Polo; Crónicas
- Yoknapatawpha (Mississippi) W. Faulkner; Absalóm. Absalóm
LISTADO DE CIDADES DA LITERATURA CLÁSICA
- Alexandría
- Arcadia
- Argos
- Atenas
- Capri
- Cartago
- Cólquide
- Corfú
- Creta
- Damán
- Esparta
- Ítaca
- Mantinea
- Micenas
- Mileto
- Mitilene
- Ogigia
- Olimpia
- Roma
- Tebas
- Tesalia
- Tiro
- Traquis
- Troia
XEOLOCALIZACIÓN
Descarga a APP Geo.aumentaty no móbil e busca a Ruta “Cidades Literarias”” para acceder aos contidos.