Comeza o mes da ciencia en galego: Os xogos do XEN

Arrincamos o mes da ciencia en galego na nosa biblio. Non temos moi claro que pode pasar alí dentro á vista do anuncio que puxeron na porta os voluntarios/as... Toca xenética ?
Este ano celebramos o mes da ciencia en galego coa 2ª edición dos Xogos do Xen. Como no ano anterior o alumnado ten que resolver uns enigmas plantexados polo departamento de Bioloxía que este ano comezan coa Xenética. 

Esta actividade serviu tamén para analizar o machismo na ciencia co caso da famosa fotografía feita por unha científica e da que se aproveitaron dos compañeiros de profesión que acadaron o Nóbel de ciencia.

 

Durante todo o mes os enigmas seguirán a saír publicados nos corredores do centro onde os/as máis rápidos poderán subir as súas respostas e gañar o premio da semana: un suculento bocata no recreo na cafetería de Monse.

O equipo da biblio, asesorado pola profesora de Bioloxía, preparou unha batería de páxinas web que foron compartidas co alumnado e un recanto na biblioteca con materiais de consulta para acadar as respostas axeitadas.

Parabéns aos gañadores/as e ánimo que temos catro semanas de bocata gratis!!!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *