CONCURSO MICRORRELATOS, VIÑETA OU BANDA DESEÑADA DE TERROR
OBXECTO
O concurso convócase con motivo de descubrir o talento literario co gallo da celebración da Festa dos Defuntos.
REQUISITOS
Os interesados/as deberán entregar os microrrelatos, viñetas ou banda deseñada a un membro do equipo da biblioteca. Os microrrelatos terán unha extensión máxima de cen palabras (sen incluir a frase de inicio nin o título) escritos en galego, castelán, inglés ou francés en Arial 12, márxenes tipo normal , xustificado e interlineado 1,15.
A viñeta ou banda deseñada terá a mesma temática e deberán estar escritas nas mesmas linguas que os microrrelatos.
Os autores non poderán identificarse co seu nome, deberán empregar un pseudónimo e entregarán nun sobre pechado o seu verdadeiro nome e o pseudónimo empregado na súa creación.
O prazo para o envío das obras será ate o día 6 de Novembro 2017.
SELECCIÓN DE GAÑADORES
Un xurado formado por profesores e alumnos do IES de Sabón seleccionará aos premiados.
PREMIOS
Haberá dous cheques regalo do FNAC de A Coruña para os gañadores por un importe de 30 euros o 1º Premio e de 20 euros o 2º, e un agasallo para todos os participantes.
Si o xurado determina que ningún dos traballos ten a calidade necesaria os premios poden quedar desertos.
A entrega dos premios será o día 10 de Novembro 2017 na biblioteca do IES de Sabón.