#9 Maio_Día de Europa

Co gallo do #Día de Europa elaboramos unha actividade que consistíu por unha banda en investigar sobre autores europeos de recoñecido prestixio que tiveran escrito sobre o concepto de Europa ou a súa importancia na cultura e sobre todo na literatura europea. 

O alumnado escolleu aos seguintes autores:

  • Saramago (Portugal)

  • Petros Markaris ( Grecia)

  • Andrea Camilleri (Italia)

  • Herman Hesse ( Alemaña)

  • Herman Koch ( Holanda)

  • Sartre ( Francia)

  • Miguel de Unamuno (España)

Fixemos unha pequena publicación dos autores coa súa biografía e obra máis salientable e fixemos unha lectura compartida en voz alta de fragmentos especialmente relevantes nos que se confrontaban as súas formas de ver Europa en xeral e os seus países en concreto.

Finalmente na biblioteca, no espazo de audiovisuais levamos a cabo un xogo sobre Europa para ver canto sabiamos sobre este tema:

PAÍSES: https://www.toporopa.eu/es/paises_de_la_ue.html 

MONEDA DA EUROZONA: https://www.toporopa.eu/es/eurozona.html

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *