Día Escolar da NON violencia e a Paz

Dentro das actividades en lembranza desta data na biblioteca levamos a cabo varias actuacións a cargo do voluntariado da biblioteca que foron os encargados de levalas ata as aulas e os seus compañeiros.

♠ Exposición de libros e outros materiais sobre a temática.

♠ Actividade “Máis ca palabras” ; o voluntariado foi polas aulas pedindo colaboración para que recortasen caras sorrintes ou desagradables con verbas impresas en diferentes linguas que elexisen e que encontrasen apropiadas para reflectir esta data e a súa conmemoración.

♠ Actividade ” Sementeiro das palabras pola paz e non violencia” que consisteu en facer un mural nos corredores do centro decorado con símbolos da paz e a concordia con dúas zonas: unha as cousas que NON AXUDAN e boicotean a convivencia e outra zona coas cousas que SI AXUDAN. 

Estas ideas plasmáronse en postit de cores pegadas polo alumnado e mesmo polo profesorado no cartel chegando a compoñer un fermoso muro de cores e de ideas.

Aquí deixamos unha mostra…

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *