#Día Internacional da Educación

 

      A nivel global, este día recorda que a educación é un dereito humano fundamental, un ben público e una responsabilidade colectiva.

Nas aulas, celebrar esta xornada é crucial porque axuda a que o alumnado e o profesorado tomen conciencia do privilexio que supón o acceso á aprendizaxe. Serve para conectar o traballo diario da escola co resto do mundo, lembrando que a educación é a ferramenta máis poderosa que existe para romper o ciclo da pobreza, reducir as desigualdades e mellorar a saúde e o progreso de calquera sociedade.

Os principais obxectivos que pretendemos coa celebración desta data son:

  • Fomentar a empatía global: Concienciar os estudantes de que millóns de nenos e mozos no mundo non teñen acceso a unha escola, promovendo a solidariedade e o valor polo seu propio proceso de aprendizaxe.

  • Impulsar unha cultura de paz: Utilizar o espazo do aula para debater como o diálogo, a tolerancia e o respecto —aprendidos na escola— son as bases para previr conflitos e construír sociedades máis xustas.

  • Visibilizar a inclusión: Reafirmar o obxectivo de que as aulas sexan espazos seguros e equitativos, onde o xénero, a orixe ou as capacidades non sexan unha barreira para ninguén.

  • Promover o desenvolvemento sostible: Traballar nas aulas a idea de que a educación actual debe preparar os cidadáns do futuro para protexer o planeta e consumir de xeito responsable.

      A actividade que desenvolvemos co alumnado de varios niveis e tipos de formación foi a elaboración entre o alumnado e o equipo de biblioteca dunha simple ruleta de xogo, onde o propio alumnado por equipos de 2 probaba sorte coa ruleta e elixía unha pregunta da cor que saíse na ruleta, distribuida precisamente en cores que atendían a materias, por exemplo: azul⇒galego, verde ⇒historia da arte, etc.

A continuación tiñan que contestar á pregunta elixida da cor sorteada; o equipo que amosase unha cultura xeral máis ampla, obtiña un premio dobre: un cómic de libre elección e unha caixa de material escolar presentada de forma primorosa para agasallar debidamente o mérito do premio.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *