Este ano pensamos que sería xenial poder lembrar o dia mundial da Poesía soñando con viaxes e aventuras por lugares lonxanos e poder retornar un día a Ítaca moito máis sabios e vividos.
Por iso fixemos unha lectura máxica na voz do alumno colaborador da biblioteca Pablo Añón que nos levou polo mar Exeo na compaña de lestrigóns, cíclopes e sereas ata chegar ao mar Xónico en pos da nosa Ítaca particular.
A continuación levamos a cabo un comentario sobre o significado do poema e as emocións que podería espertar en cada un de nós.
Comentario ÍTACA_CAVAFIS