Hoxe estivemos a celebrar o día das bibliotecas no noso centro e dentro das actividades o voluntariado decorou coas portadas dos seus libros favoritos os corredores do centro.
Tamén tivemos unha proxección na biblio do podcast da Premio Princesa de Asturias Siri Hustvedt e unha galería de fotos retrospectiva de como foi cambiando cos anos a nosa biblioteca….cantas lembranzas!!!
Pero o máis divertido foi a gymkana literaria que se levou a cabo na biblioteca con equipos de 1ºA….andaban á procura da autora da obra O Club da Calceta, dun home que disque foi fusilado na Guerra Civil española e dunha tal Mary Shelley moi dada ás historias de monstruos…. Os gañadores foron Jairo Tizón e Helen Rodríguez….moi axustados con Miriam Toja e Michelle López !!!
Noraboa e bo proveito!!! 