O cadáver exquisito é unha técnica surrealista de escritura cooperativa na que interveñen varias persoas que crean un texto colectivo. É un xogo que usaron os surrealistas en 1925, no que os participantes escribían por quendas nunha folla de papel que se ía dobrando, deixando ver tan só a última palabra ou frase, que continuaba o seguinte xogador ao que se lle pasaba o papel. Podía ser un texto narrativo ou unha poesía. O termo orixinario procede do francés cadavre exquis, frase resultante da primeira vez que se xogou.
Instrucións
Darase na clase unha folla co comezo dunha historia que irá pasando por filas a cada alumno/a que lle engadirá dúas frases ao anterior pero OLLO, antes de pasar a folla ao seguinte compañeiro/a hai que dobrala para que só poda ler a última frase escrita.
Os resultados foron moi curiosos e sobre todo moi divertidos, dando lugar a contos creativos e auténticamente surrealistas.