ESCAPE ROOM LITERARIO

       Con grupos de 3 alumnos/as por equipos de 1º e 2º de bacharelato, elaboramos e levamos a cabo un «scape room» literario, onde a mecánica do xogo comeza cunha caixa pechada cun cadeado de combinación numérica; para abrila, necesitan o número de letras dun comezo famoso dunha obra da literatura universal; no interior atoparán unha clave dixital ou física; o formato era físico (con caixas e cadeados reais na aula) ou dixital a través dunha ligazón en Canva.

     Cada equipo terá un pasaporte literario que selarase no mostraodr da biblioteca cada vez que cubran os datos que lles son requiridos: título da obra, autor e xénero ao que pertence; ademais terán que traer consigo un exemplar da obra.

    Unha vez cuberto todo o pasaporte literario, o equipo que o faga en menos tempo, acadará o premio do «escape room».

Instrumentos Didácticos e Pedagógicos: 

    O uso de fragmentos e comezos de obras coñecidos polo a persegue obxectivos moi específicos:

1. Obxectivos de Contido (Competencia Literaria)

        Recoñecemento estilístico:

        Desenvolver o ollo crítico para identificar un movemento (Barroco, Romanticismo, Modernismo) só polo léxico, os temas ou as figuras retóricas do fragmento.

          Asociación de textos e autores:

          Vincular fragmentos icónicos cos seus creadores esenciais (recoñecer a Lorca nas metáforas de Vodas de Sangue, ou a Larra nos seus artigos xornalísticos) ou a Domingo Vilar e Manuel Rivas pola vinculación histórica e xeográfica.

           Reforzar o coñecemento dos textos que caen especificamente na proba de acceso á universidade .

2. Obxectivos de Aprendizaxe Activa (Gamificación):

         Transformar o repaso en xogo:

                  Substituír os tests de memoria tradicionais por un reto onde a lectura comprensiva ten unha recompensa inmediata (abrir o seguinte cofre).

                   Fomentar a aprendizaxe colaborativa: aprender a manter a calma ante un texto complexo e extraer del os datos necesarios para resolver o enigma nun tempo límite, moi útil como técnica de estudo e para aprender a xestionar a presión do tempo enfocada aos exames e ás probas das PAU.

Vexamos aos equipos competindo por cubrir o seu pasaporte literario e voar pola literatura.

Finalmente o grupo de 1º de FP Básica de Cociña e Restauración na materia de Comunicación e Ciencias Sociais encargouse de elaborar os carteis para as escaleiras da entrada do centro con eses fragmentos literarios famosos, algúns dos cais foron lidos na súa aula en lectura en voz alta para comentar o argumento e que participase  da historia aínda sen lela enteira, o cal era inviable na práctica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *