Gastrolectura: Club de lectura 2018

Aquí tedes o club de lectura deste curso 2018 nunha «quedada literaria» para ler en mancomún o libro que eles mesmos escolleron Yo después de ti da autora Jojo Moyes.

Estiveron a investigar na vida da autora que é moi novelesca ao estilo de J.K. ROWLING , xa que o seu destino non parecía ser escritoras de éxito tal e como finalmente foron.

No medio da lectura deron boa conta dunha comida divertida sobre todo porque estabamos todos xuntos….Que non só de libros vive o home…ou a muller!!!!

Co que non contaba a coordinadora do club de lectura é o debate sobre diferentes temas que foi xurdindo a medida que líamos follas da novela….moi interesante!!! Non só eles leron e se divertiron, tamén a profesora aprendeu moito sobre os seus alumnos e alumnas.

O resumo é que foi unha comida moi proveitosa!!!

Deja un comentario