Co gallo do día internacional da muller este ano decidimos rendirlle unha homenaxe ao humorista Forges que desafortunadamente faleceu estes días.
O alumnado recopilou unha serie de viñetas fantásticas cun fío argumental: «a reivindicación da muller», de feito todos os anos elaboraba unha viñeta para conmemorar o día internacional da muller.
A exposición montouse nos pasillos do centro tentando reflexar o sentido do humor e o talento de Forges ao tempo que a súa punzante ironía que poñía en evidencia as desigualdades laborais e sociais das mulleres.