#MesOrgulloLGTBIQ+

A partir da iniciativa do equipo do voluntariado da biblioteca levamos a cabo unha actividade consistente na celebración dun coloquio sobre “identidade sexual” cunha mesa de debate sobre experiencias diversas e as súas problemáticas. Tivemos a Sandra López, representante do colectivo de lesbianas LES CORUÑA, a Rubén Alexandre da asociación Casco e Víctor Patiño (vicedirector do centro) representantes do colectivo gay, Nicolás Valiente, bisexual Ariel Rabina, contándonos as súas experiencias dentro do colectivo transexual e Álvaro Dávila, heterosexual.

A charla estivo precedida da elaboración de carteleiría e mesas con obras sobre autores/as representantes desta diversidade sexual e as súas aportacións na literatura e no cine para lograr unha sociedade máis xusta e máis respetuosa coa liberdade sexual das persoas.

VÍDEO RESUME DO EVENTO CELEBRADO NA BIBLIOTECA_XUÑO22

 

Deja un comentario