#biblioigualdade: Mexillóns para cear

Esta novela é unha excelente crítica ao patriarcado, á familia estruturada ao redor da figura dominante e tiránica dun pai, á utilización da violencia ata nos aspectos máis cotiáns da vida.

Tamén se insiste na metáfora que se establece cos sistemas políticos das dúas Alemanias despois da guerra mundial. Un control absoluto con regras férreas baseado na violencia e sostido pola delación.

Xurde un interesante debate sobre o final aberto do libro: «Son as 10 e o pai non apareceu en casa, soa o teléfono e … Que ocorreu?»;  se suxiren  varias posibilidades: o pai morreu nun accidente; está ferido e atópase no hospital; fuxiuse coa secretaria das uñas perfectas; é un simple atraso e vai volver coma se nada.

Quizais o final máis inquietante que se propuxo foi que ía volver e todos se ían a “ amoldar” de novo aos seus desexos e ordes. A posibilidade de que morrese era a máis liberadora.

En canto ao estilo a escritora adoita elixir o punto de vista dos nenos e adolescentes para facer a súa crítica á institución familiar. Usa pois a primeira persoa dando a voz á filla maior da familia. O estilo é como un monólogo interior, obsesivo e repetitivo que ignora os signos convencionais de puntuación.

Deja un comentario