Co gallo da chegada da celebración das Letras Galegas, a biblioteca co seu equipo de voluntariado levou a cabo varios obradoiros nos que participou alumnado de todas as familias da Formación Profesional, da Secundaria de Adultos e Bacharelato.
Montamos no patio do centro unha pequena feira de obradores onde o alumnado ensinaba o seu traballo e conpartía trucos para elaborar pandeiretas de feltro para poñer de broche no peto e amosaba como quedaba o patio cheo de palabras senlleiras do noso idioma, e invitaba ao resto de alumnado a aprender a usar o padrón e colorear unha palabra que lles gustase como homenaxe ao idioma e ao seu uso.
OBRADOIROS NO PATIO de bibliotecasabon