1º BACH. OBRIGATORIOS

1ª AVALIACIÓN

 

A Praia dos Afogados

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastra-praia-dos-afogadoso da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.


1215003500631_fO Armiño Dorme

Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo.

 

 


2ª AVALIACIÓN

descargaMaxina ou a Filla Espúrea

Maxina representa o primeiro grande esforzo para a construcción dunha narrativa galega, dacabalo entre o romanticismo e o realismo propios da época. Pero é tamén un espléndido retablo da fala viva aínda que non é unha obra de grande calidade e o argumento roza o folletín.

 

 


content     Os Biosbardos

Os biosbardos é un conxunto de «contos para a xente», postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo o recoñecía así.


3ª AVALIACIÓN

                                                 

  A Lei das Ánimas. A Novela da Santa Compaña

descarga-1

Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama. En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro.

 


 

    The Corunna Boats

Cando Robin Donegan espertou en terras leonesas e viu aquela cantimplora do seu pai arredor do seu pescozo comprendeu que fora abandonado polo exército inglés de Sir John Moore que, perseguido polas tropas francesas, iniciaba a súa retirada camiño do porto da 9788497821049Coruña. Dende entón este afouto inglesiño de trece anos emprenderá unha longa viaxe na procura de “The Corunna boats” na que contará coa axuda, a protección e a amizade da familia do xitano Marcial. Unha viaxe na que coñecerá as penurias e os horrores daquela guerra da francesada, librada en Galicia hai case douscentos anos. e na que ao seu remate deberá escoller a rota que oriente a súa vida. Xelís de Toro ofrece unha novela de trasfondo histórico, de indubidable carácter iniciático, dirixida ao público xuvenil, onde se abordan os grandes temas e cuestións que interrogan aos mozos de todos os tempos: o amor, a amizade, a familia, o mellor camiño para dirixir a súa vida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *