Outono de terror

Durante estas semanas nas que a luz empeza a minguar e as tardes de frío son máis longas, decoramos coa axuda do voluntariado a nosa biblioteca para ambientala adecuadamente propoñendo lecturas e películas de medo, de terror  dende os grandes clásicos como Poe, Lovecraft, Óscar Wilde ou Mary Shelley ata os máis modernos como Stephen King, Javier Castillo ou Jöel Dicker.

   

    Agora que chega o outono e a luz vai minguando, propoñemos lecturas e películas para as longas tardes e noites nas que podemos desfrutar dun bo libro de medo, ciencia ficción ou terror. A nosa proposta vai dende Poe, Lovecraft, Stoker ata Stephen King, Mikel Santiago, Manel Loureiro ou Darío Vilas.

    Aproveitamos os recreos para facer obradoiros de manualidades con motivos otoñáis e de medo para decorar a biblioteca e mesmo marcapáxinas para agasallar aos usuarios/as.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *