Querida abuela:
Fai uns días déronme a peor noticia que te poidas imaxinar… Dende ese momento todo pasa máis lento, e eu sinto o vacío máis grande que te poidas imaxinar. Teño que ser forte como ti me ensinaches, pero cando chega a noite fágome pequena e no podo evitar botarte en falta.
Quen se vai meter comigo agora? Quen me vai quitar as castañas do lume?
O meu peor pesadelo fíxose realidade.
Non me podo facer a idea de que xa non estes aquí… sempre serás a miña segunda mamá.
Teño un lista longa de persoas a quen puideron levar e xusto teñen que levarte a ti. Inda me fas falta, tesme que aconsellar sobre moitas cousas,tesme que ensinar a facer callos, temos que ir ao cine a verpelis de risa que ti non entendes, tes que ensinarme a calcetar…. Abuela por favor volve e rífame por non lavar a louza ou por quedar ata tarde vendo a tele.
Vivimos catro nesta casa e a casa cáeme enriba.
Estou farta de escoitar estaba escrito para ela ou mellor así é que non sufrira. Non teñen a menor idea. Eu non me despedín como era debido non che dixen que te quero, non te abracei. Despedinme pensando que te ía a volver a ver…abuela…iso era o que eu pensaba, pero pensar é de burros, non si?
Cando mamá me dixo de madrugada que ía o hospital porque te puxeras un “pouco” enferma. Eu non o pensei ata que despertei as cinco e odieime por non mandarche un bico por mamá… logo soou o espertador e nadie se levantou…
Abuela, desde onde esteas quérote moito sempre te vou a querer.
O teu paxariño na silveira.