PERCORRIDO LITERARIO: de Murguía a dona Emilia

 Picade no código QR para abrir o proxecto

Trátase dun traballo colaborativo por proxectos das aulas de 2º da Formación Profesional Básica, en adiante FPB, da familia de Electricidade e Electrónica e de Cociña e Restauración do IES de Sabón na que se realiza un percorrido histórico e literario arredor das personalidades de Manuel Murguía e Emilia Pardo Bazán así como outros personaxes coetáneos seus. 

   O Proxecto está enfocado á utilización da tecnoloxía móbil, o m-learnig como porta de acceso á información xa que este tipo de tecnoloxía se achega máis á realidade cotiá na que se move o alumnado, e moito máis se pensamos na realidade académica e socio-famliar da FP. Básica. En palabras da investigadora e pedagoga Nélida Zaitegui» A cada uno su escuela» o frases aún más acertadas: » Si la sociedad cambia, la escuela debe cambiar».

   O traballo levado aoo longo deste curso 25_26  trata sobre os contidos do temario oficial da parte de Comunicación do módulo de «Comunicación e Ciencias Sociais»; debido á análise e ás características que presenta o alumnado da FPB pareceunos axeitado pór en práctica unha experiencia pedagóxica cuxo obxectivo prioritario era a construción da aprendizaxe dunha forma activa e participativa onde as TIC representan unha nova e interesante formulación que permitirá reconectar co sistema educativo, na procura dunha segunda oportunidade académica e persoal. 

   O esencial deste proxecto colaborativo é implicar os alumnos/as na busca de información mediante unha escolma crítica e a creación dos contidos incluídos no currículo do módulo antes mencioado da FPB, así como exercitar con responsabilidade o compromiso que conleva a toma de decisións individuais e aquelas que afecten a todos como grupo.

  A reflexión final pola que veu a luz este traballo colaborativo era enfocar os contidos dun temario no que fracasaran en repetidas ocasións e os que foron obstáculos insalvables para rematar a Educación Secundaria. 

  Ao fin e o cabo se unha metodoloxía leva anos sen funcionar na práctica diaria de tratar uns contidos concretos, sexan de Comunicación, sexan de Ciencias Sociais ou de calquera outra materia, o único sensato e produtivo é traballar eses mesmos contidos con outra metodoloxía. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *