Samaín 2021: lendo contos de terror con Allan Poe

Nesta celebración do Samaín 21, seleccionamos tres contos: ” O corazón delator”, ” O escarabello  de ouro” e  ” O gato negro” e facemos unha aproximación á vida do autor para situarnos no tempo que lle tocou vivir e as circunstancias persoais que marcaron a súa biografía e en consecuencia a súa obra.

Poe pasou á Historia da Literatura como un dos máis grandes contistas de todos os tempos, e sen dúbida o inaugurador do relato de terror psicolóxico e da novela negra.

Con todo o material elaboramos unha UNIDADE DIDÁCTICA para reflexionar sobre a literatura de terror, os contos de pantasmas e de defuntos, tan apropiados para o Samaín e a Festa de Defuntos e Todos os Santos.

Por suposto tamén decoramos a nosa biblioteca e compartimos co resto da comunidade educativa propostas de libros e pelis para estas datas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *