Celebramos co noso alumnado a entrada do frío e das lecturas de medo e terror….e para ambientar a biblio decoramos os andeis e os espazos para disfrutar das actividades que imos celebrar.
En primeiro lugar o departamento de Inglés preparou unha actividade moi creativa e baseada nas lendas e nos contos macabros para finalmente elaborar un percorrido interactivo.
Tamén tivemos un concurso de creación literaria con relatos baseados no medo e no terror en galego, no que a imaxinación e a orixinalidade das propostas tiña premio especial.