Shoel Vázquez: » do IES de Sabón á Universidade Complutense»

Shoel foi alumno noso cando era un rapaciño inquedo que non tiña ganas de estudar nin de aguantar os nosos aburridos discursos….durmíase nas clases e non parecía estar a gusto no centro. Iso foi o que recordábamos del ata que un bo día voltou ao instituto despois de acabar un ciclo medio de Hostelería coa pretensión e a determinación de rematar o bacharelato; e fíxoo, e de que maneira!!!! As súas notas eran excelentes, a actitude moi motivadora e a súa presenza nas aulas un auténtico gusto para calquer docente.

Por suposto rematou con moi bos resultados e direitiño para Madrid á Universidade Complutense a lidiar con textos, libros, museos e todo un mundo de coñocementos e experiencias…Para mostra imos compartir un estupendo traballo que elaborou xunto con outros compañeiros.