#17Maio2025_Letras Galegas: Sinais de Identidade

Empregando o título da obra de Goytisolo, este curso propuxemos ao alumnado ,como unha das actividades da  celebración das nosas letras, que escollesen ou propuxesen unha palabra do noso idioma que lles parecera fermosa polo seu significado, ou simplemente pola súa sonoridade.

Deixamos na biblioteca, e noutras zonas do centro, paneis animando á comunidade educativa a escribir unha palabra especial para cada quen. Ao final fixemos unha boa colleita de fermosas palabras cheas de significados.

Despois de ter escollidas as palabras, coa axuda do alumnado creamos padróns de cada unha das palabras e logo de ter mercado pinceis e pintura de varias cores, engalanamos o patio central do centro enchéndoo dun mar de palabras de variadas tonalidades, que non só nos recorda o importantes que son as nosas palabras, senón que tamén lle deu carácter a un espacio compartido por toda a comuidade.

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *