Nestas primeiras semanas estivemos recibindo a todo o alumnado novo do centro na biblioteca. As visitas consistían nunha explicación do funcionamento da mesma, dos recursos e da distribución das diferentes seccións da biblioteca. Contamos coa inestimable axuda do voluntariado da biblioteca do ano pasado que elaborou e levou a cabo un concurso entre os novos […]
Etiqueta: benvida
Benvida á Biblioteca_curso 23/24
Como todos os anos, recibimos ao novo alumnado que chega ao noso centro e dámoslle unha breve explicación dos espazos da biblioteca e de como acceder aos seus fondos. Despois da explicación, empregamos un kahoot que nos serve de repaso e ademais fomenta o xogo e a diversión.
