Co inicio do novo curso o equipo da biblioteca fai o acollemento aos novos cursos de 1º de bacharelato e de ciclos formativos. Nesta visita organizada, faise a explicación de todas as cuestións relativas ao funcionamento da biblioteca por parte dun docente do equipo acompañado dun membro do voluntariado de 2º curso que xa coñece […]
Etiqueta: biblioteca
#11N_Día Internacional das Librerías
Co gallo da celebración do día das librerías, pensamos facerlles unha homenaxe a eses lugares máxicos onde podemos atopar portas a outras realidades e outros mundos que nos fagan voar e crecer por dentro. O alumnado voluntario da biblioteca coordinou unha actividade onde escolleron COMEZOS FAMOSOS DE OBRAS LITERARIAS que forman parte do patrimonio que […]
#LetrasGalegas_22
Este ano festexamos as letras de Florencio Delgado Gurriarán cunha lectura de fragmentos da súa obra e a continuación un xogo para reforzar os contidos e a reflexión sobre as lecturas feita nas que falamos do seu pensamento político e as súas reivindicacións sociais, así mesmo debatemos sobre a literatura galega no exilio. ENLACE AO […]
#9 Maio_Día de Europa
Co gallo do #Día de Europa elaboramos unha actividade que consistíu por unha banda en investigar sobre autores europeos de recoñecido prestixio que tiveran escrito sobre o concepto de Europa ou a súa importancia na cultura e sobre todo na literatura europea. O alumnado escolleu aos seguintes autores: Saramago (Portugal) Petros Markaris ( Grecia) Andrea […]
Día das Bibliotecas #24 Outubro 21_22
Que mellor forma de celebrar o #Día das bibliotecas 2021 que con este fermoso cartel onde vos propoñemos libros e películas que están a disposición de todos/as dunha maneira interactiva e moi directa. Aproveitamos para experimentar coas «imaxes intelixentes» que permiten unha morea de posibilidades para levar a cabo proxectos e ideas para as nosas aulas. […]
#Día das bibliotecas_2020
Como este ano non puidemos facer as sesións de acollemento e funcionamento da biblioteca de forma presencial, levamos ás aulas mantendo as medidas preventivas da Covid, un xogo con premio para cada aula para aquela que tivese mais acertos en menos tempo. A pesares de non poder interactuar con liberdade, pasamos un bo rato todos/as […]
Día da Terra 2020 por 2º bacharelato CTMA
Autoría: 2º Bacharelato
#DíadaTerra2020
Aínda que estemos nunha situación moi especial de confinamento, a Natureza está connosco e podemos vela ao noso arredor. Por iso invitamos ao noso alumnado a mirar con outros ollos o seu entorno e facer unha foto dalgunha obra da natureza ou un elemento da nosa terra nai. Todo serve…a foto do noso canciño, a […]
#DíadoLibro2020
O noso voluntariado da biblioteca puxo voces e sentimentos a fragmentos da obra de don Miguel de Cervantes e a poemas de Joan Margerit premio Cervantes 2020. Esperamos que disfrutedes do resultado final e do esforzo feito polo equipo neste vídeo que a continuación podedes ver si pinchades na imaxe. Feliz Día Internacional do Libro […]
Puzzles da biblioteca
24 Día de Rosalía 18 Equipo-bilbio-2017-18 30 Logo biblio 40La bibliotecaria 35Feminino 8 marzo 2020 Cartel 1 libros de otoño IMG_20191022_181607 Foto1 Día de Rosalia