Co gallo da chegada da celebración das Letras Galegas, a biblioteca co seu equipo de voluntariado levou a cabo varios obradoiros nos que participou alumnado de todas as familias da Formación Profesional, da Secundaria de Adultos e Bacharelato. Montamos no patio do centro unha pequena feira de obradores onde o alumnado ensinaba o seu traballo […]
Etiqueta: celebración
Obradoiro Sistema de Catalogación presos en campos de exterminio nazi
Clasificación nazi para campos exterminio de bibliotecasabon
#26Outubro_ Día Visibilidade Interxualidade
Co gallo da celebración do Día da Visibilidade Interxualidade o departamento de Orientación e a Biblioteca organizou unha xornada para traballar estes contidos e reflexionar co noso alumnado sobre esta temática. Coa axuda do equipo de voluntariado de alumnos/as da biblioteca e do alumnado de FPBásica de Cociña convertemos a biblioteca nunha sala de cine […]
Lei Xeral dos dereitos persoas con discapacidades e a súa inclusión social
Lei Xeral dos dereitos persoas con discapacidades e a súa inclusión social
Día das Bibliotecas #24 Outubro 21_22
Que mellor forma de celebrar o #Día das bibliotecas 2021 que con este fermoso cartel onde vos propoñemos libros e películas que están a disposición de todos/as dunha maneira interactiva e moi directa. Aproveitamos para experimentar coas «imaxes intelixentes» que permiten unha morea de posibilidades para levar a cabo proxectos e ideas para as nosas aulas. […]
#díalibro2021: Os cadáveres exquisitos
O cadáver exquisito é unha técnica surrealista de escritura cooperativa na que interveñen varias persoas que crean un texto colectivo. É un xogo que usaron os surrealistas en 1925, no que os participantes escribían por quendas nunha folla de papel que se ía dobrando, deixando ver tan só a última palabra ou frase, que continuaba […]
Día Escolar da NON violencia e a Paz
Dentro das actividades en lembranza desta data na biblioteca levamos a cabo varias actuacións a cargo do voluntariado da biblioteca que foron os encargados de levalas ata as aulas e os seus compañeiros. ♠ Exposición de libros e outros materiais sobre a temática. ♠ Actividade «Máis ca palabras» ; o voluntariado foi polas aulas pedindo […]
A usuaria mais noviña da nosa biblioteca
Non nos quedou mais remedio que aceptala como nova usuaria da biblioteca….e por riba os do club de lectura queren que veña ás reunións!!! Iso xa parece moito non si?
#40AniversarioConstitución
Dentro das actividades elaboradas pola biblioteca en colaboración co profesorado de varios departamentos , co gallo do quadráxesimo aniversario da Constitución española do 1978 teremos unha exposición nos corredores do centro baseada no proxecto levado a cabo pola Biblioteca Nacional «La Transición en Tinta China»coas viñetas e portadas dos máis importantes debuxantes e deseñadores gráficos […]
