Cando o club de lectura rematou a lectura da novela de Ruiz Zafón pertencente á Trilogía de la Niebla, fixemos unha gamificación cun kahoot que resultou moi divertido; o premio ao gañador foi un exemplar noviño do trinque da novela en cuestión. Foi moi apretada a loita pero finalmente gañou Damián López merecidamente!!!
Etiqueta: clublectura
Rosalía: versos e rosas de Febreiro
Neste mes de Febreiro estamos a homenaxear a Rosalía e decidimos reler unha escolma dos máis senlleiros versos da autora nas reunións co club de lectura. Por suposto a maioría dos poemas eran ben coñecidos polos membros do club, pero o que non eran tan coñecidos eran os temas que con eles compuxera o cantautor […]
#biblioigualdade: Mexillóns para cear
Esta novela é unha excelente crítica ao patriarcado, á familia estruturada ao redor da figura dominante e tiránica dun pai, á utilización da violencia ata nos aspectos máis cotiáns da vida. Tamén se insiste na metáfora que se establece cos sistemas políticos das dúas Alemanias despois da guerra mundial. Un control absoluto con regras férreas […]
#biblioigualdade: Pel de lobo
Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro […]
En outono lemos a POE
#lendocontosdeterror Este ano iniciamos o club de lectura cun grupo ben numeroso con ganas de ler e de pasalo ben xuntos falando de libros. Toca ambientarnos no tempo de outono sombrío e brumoso de Galicia lendo contos de medo dun autor maldito ou non tanto….EDGARD ALLAN POE. Seleccionamos tres contos: » O corazón delator», » […]