#8Marzo: Día Internacional da Muller

No noso centro có gallo de celebrar o Día da Muller Traballadora do 2022 levamos a cabo unha actividade consistente en escoller a unha escritora e tentar fotografarse rendíndolle unha homenaxe, facendo ao final unha galería de fotos e textos que compartimos coa comunidade educativa.  As escritoras escollidas foron: Marina Mayoral  Almudena Grandes Beatrix Potter Dona Juana […]

#23F: as bolboretas rosalianas

Este Día de Rosalía, pensamos que sería moi agradable ter sobre as nosas cabezas moitas rosalías sobrevoando como bolboretas que anuncian a primavera e as flores, e ademais como un sopro de ar fresco que parece que nos van traer os novos tempos libres de pandemia. Por iso o voluntariado escolleu as caricaturas máis aqueladas […]

#6F Día contra a mutilación xenital feminina

Co gallo desta data o voluntariado da biblioteca elaborou unha galería de carteis que ilustraban a importancia desta data e informaban á comunidade educativa da existencia desta práctica que atenta contra as mulleres e sobre todo contra as nenas. Para ilustrar e afondar nesta actividade lemos polas aulas fragmentos de obras de autores que reflicten […]

Samaín 2021: lendo contos de terror con Allan Poe

Nesta celebración do Samaín 21, seleccionamos tres contos: ” O corazón delator”, ” O escarabello  de ouro” e  ” O gato negro” e facemos unha aproximación á vida do autor para situarnos no tempo que lle tocou vivir e as circunstancias persoais que marcaron a súa biografía e en consecuencia a súa obra. Poe pasou […]