#biblioigualdade: Corte e confección

“Escribir unha historia é coma facer un traxe—pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—. Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.O primeiro que se precisa para […]

#biblioigualdade: Os homes que non amaban ás mulleres

Harriet Vanger desapareceu fai trinta e seis anos nunha illa sueca propiedade da súa poderosa familia. A pesar do despregamento policial, non se atopou nin rastro da rapariga. Escapouse? Foi secuestrada? Asasinada? O caso está pechado e os detalles esquecidos. Pero o seu tío Henrik Vanger, un empresario retirado, vive obsesionado con resolver o misterio […]

#díabibliotecas2019

Hoxe estivemos a celebrar o día das bibliotecas no noso centro e dentro das actividades o voluntariado decorou coas portadas dos seus libros favoritos os corredores do centro.   Tamén tivemos unha proxección na biblio do podcast da Premio Princesa de Asturias Siri Hustvedt e unha galería de fotos retrospectiva de como foi cambiando cos […]

17 Maio #LetrasGalegas

Este ano a biblioteca festexou a festa das letras galegas cunha actividade centrada nos códigos QR aproveitando que tivemos formación no PFPP de Realidade Aumentada. O equipo de voluntariado elaborou coma sempre unha exposición facendo un percorrido polos mais de 40 anos do Premio das Letras Galegas con carteis dos autores/as que eles mesmos escolleron […]

#40AniversarioConstitución

Dentro das actividades elaboradas pola biblioteca en colaboración co profesorado de  varios departamentos , co gallo do quadráxesimo aniversario da Constitución española do 1978 teremos unha exposición nos corredores do centro baseada no proxecto levado a cabo pola Biblioteca Nacional  «La Transición en Tinta China»coas viñetas e portadas dos máis importantes debuxantes e deseñadores gráficos […]

Samhain: «O Aninovo dos celtas»

Como cada ano vimos celebrando a festa do Samaín, pero este ano buscamos na biblioteca a orixe da festa e do nome; por iso na nosa biblioteca celebramos o Samhain do celtas e averiguamos que despois do fin da recollida das colleitas entraban nun novo ano agrícola e no largo inverno do norte. O voluntariado […]

O agro de libros de Mª Victoria Moreno

 O equipo de voluntariado da biblioteca preparou unha maravillosa mostra da obra da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. Na nosa biblioteca temos a maioría dos títulos da autora e mesmo Anágnorise é unha das obras máis solicitadas no préstamo da biblioteca.        

Celebración do Día das Letras Galegas

 Para celebrar o Día das Letras Galegas deste 2018 na Biblioteca do centro leváronse a cabo varias actividades entre as que podemos destacar a visita da nosa antiga alumna Estefanía Mosquera e actualmente doutora e profesora na UDC  no departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación na área de Didáctica de Língua e […]