Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia […]
Etiqueta: muller
#biblioigualdade: Os homes que non amaban ás mulleres
Harriet Vanger desapareceu fai trinta e seis anos nunha illa sueca propiedade da súa poderosa familia. A pesar do despregamento policial, non se atopou nin rastro da rapariga. Escapouse? Foi secuestrada? Asasinada? O caso está pechado e os detalles esquecidos. Pero o seu tío Henrik Vanger, un empresario retirado, vive obsesionado con resolver o misterio […]
#biblioigualdade: O armiño dorme
Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo. Debaixo desta novela, temos […]
#biblioigualdade: Anagnórise
O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que […]
#biblioigualdade: O azul é unha cor cálida
Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que sente a gusto. Un día crúzase na rúa cunha parella de mozas. Unha leva o pelo tinguido de azul, e sorrille, mentres Clementine baixa a vista. A partir deste preciso momento todo vai cambiar para ela: a súa relación cos […]
#biblioigualdade:O diario vermello de Carlota
Que ocorrería se a explosiva Carlota – protagonista de tantos libros memorables-, e Flanagan -o famoso detective-, se coñecesen, establecesen relacións sentimentais, practicasen sexo e… contaránnolo paso a paso? Un auténtico diario de sexualidade para elas.
#biblioigualdade:Asústate Merche!
Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar […]
Concurso Pósters do 8-M
Co gallo do día internacional da muller 8-M celebramos un concurso entre o alumnado de creación de pósters e carteis onde se reivindicase o papel da muller en diferentes áreas da sociedade. A actividade tivo unha dobre cara, por un lado o concurso de carteis e por outro a creación de láminas co temática da […]
#DíadasEscritoras: «Rebeldes e Transgresoras»
#diaescritoras 2018 Mulleres Rebeldes e Transgresoras que serven de inspiración ao noso alumnado. O voluntariado da biblioteca montou unha exposición con materiais da biblioteca recollendo mostras das autoras máis representativas e senlleiras da literatura.
#25N 2018 Stop Violencia Machista
Có gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o alumnado de bacharelato nas clases de Historia coa súa profesora elaborou uns muráis exemplificando a violencia contra as mulleres e o machismo na arte con exemplos de diferentes épocas históricas e mensaxes significativas para reflectir estas actitudes. Aquí vos deixamos un vídeo elaborado polo […]