#25N_Cine Forum: El orden de las cosas

Co gallo das actividades do 25N preparamos unha actividade na que participou o voluntariado da biblioteca e convertemos o noso espazo nunha pequena sala de cine para ver o curto «El orden de las cosas», unha obra mestra da reflexión sobre o maltrato ás mulleres no ámbito doméstico e a súa interiorización como algo natural […]

#8Marzo: Día Internacional da Muller

No noso centro có gallo de celebrar o Día da Muller Traballadora do 2022 levamos a cabo unha actividade consistente en escoller a unha escritora e tentar fotografarse rendíndolle unha homenaxe, facendo ao final unha galería de fotos e textos que compartimos coa comunidade educativa.  As escritoras escollidas foron: Marina Mayoral  Almudena Grandes Beatrix Potter Dona Juana […]

#23F: as bolboretas rosalianas

Este Día de Rosalía, pensamos que sería moi agradable ter sobre as nosas cabezas moitas rosalías sobrevoando como bolboretas que anuncian a primavera e as flores, e ademais como un sopro de ar fresco que parece que nos van traer os novos tempos libres de pandemia. Por iso o voluntariado escolleu as caricaturas máis aqueladas […]

#6F Día contra a mutilación xenital feminina

Co gallo desta data o voluntariado da biblioteca elaborou unha galería de carteis que ilustraban a importancia desta data e informaban á comunidade educativa da existencia desta práctica que atenta contra as mulleres e sobre todo contra as nenas. Para ilustrar e afondar nesta actividade lemos polas aulas fragmentos de obras de autores que reflicten […]

#8M As nosas aulas con nome de muller

Co gallo do #8M o equipo de voluntariado da biblioteca decidíu render homenaxe a algunhas mulleres cercanas que por algún ou outro motivo teñan un papel importante aínda que non sexan famosas mundialmente nin teñan por que ser especialmente senlleiras. Como eles mesmos dixeron: » o que importa é que sexan valiosas para nós, non […]