Taller de Escritura

    Este curso levamos a cabo un taller de escritura entre o alumnado da FP.Básica de Cociña e Hostalaría. Deseñar un taller de escritura para o alumnado de Formación Profesional Básica (FPB) require un enfoque moi particular. A miúdo, este perfil de estudante arrastra desmotivación, frustración co sistema educativo tradicional ou dificultades lectoescritoras. Polo tanto, o taller non pode ser puramente académico; debe ser práctico, funcional, motivador e conectado co seu futuro profesional.

Os obxectivos principais do taller de escritura que nos propuxemos para FPB eran os seguintes:

  •  Obxectivos Elementais e Funcionais O fin principal aquí é que a escritura sexa unha ferramenta útil para a súa día a día e a súa inserción laboral. Dominar a escritura administrativa e laboral básica: Aprender a redactar un curriculum , unha carta de presentación, correos electrónicos formais a empresas ou encher formularios de solicitude de emprego sen erros; no taller as docentes lles facilitaron primeiro uns modelos de cuestións que debían ter en conta ao elaborar os documentos e tamén outras recomendacións por escrito para ser lidas e que tivesen en conta na linguaxe xestual e o aspecto físico á hora de levar á práctica estes documentos na vida real e profesional.

Modelo guión para posible entrevista de traballo

A continuación o alumnado elaboraba os seus propios guións e ou simulacións das posible entrevistas de traballo ou solicitudes de emprego.

Borrador do alumnado para a entrevista de traballo

A continuación traballamos en fixar a ortografía e gramática elemental: corrixir os erros máis graves de concordancia, puntuación e ortografía mediante a práctica, sen caer na teoría densa que lles aburriría e desmotivaría.

  • Obxectivos Cognitivos e de Expresión. Utilizar a escritura como unha canle para ordenar o caos mental e estruturar as ideas, estruturar o pensamento de forma lóxica;  aprender a secuenciar pasos (escribir un manual de instrucións ou a orde dun proceso técnico) para que a mensaxe sexa claro; ampliar o vocabulario técnico e xeneral.
  • Obxectivos Emocionais e Motivacionais. Este bloque é, probablemente, o máis crucial en FPB para romper a barreira do «non sei» ou «non vallo»; desmitificar a escritura: demostrarlles que escribir non é só facer exames de lingua ou literatura, senón unha habilidade que todos poden dominar e que lles dá autonomía. Finalmente, mellorar a autoestima e a autoconfianza: Crear un espazo seguro onde o erro non se penalice cun «suspenso», senón que se entenda como parte do proceso de aprendizaxe.

Na parte final do Taller de Escritura lles propuxemos crear un texto colaborativo no que podían escribir os seus pensamentos e mesmo algún do alumnos preferiron facer un debuxo; a temática elixida era plasmar o que lle preocupaba, o que lles importaba ou calquera outro sentimento. 

O resultado foi o que eles chamaron o Manuscrito do Taller de escritura 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *