VIAXANDO POR CIDADES LITERARIAS: de Marineda a Macondo
1. Xustificación e Obxectivos
O proxecto levado a cabo co alumnado de 2º FP.BÁSICA DE COCIÑA E RESTAURACIÓN dentro do módulo da Formación Profesional de Comunicación e Ciencias Sociais, busca traballar a competencia lecto-escritora, a creatividade dixital e o traballo colaborativo; ao situar cidades ficticias en mapas reais, os alumnos/as desenvolven unha conexión espacial e cultural coas obras. Tamén buscabamos outras estratexias para traballar este módulo co alumnado da FP. Básica.
-
Obxectivos Pedagóxicos:
-
Fomentar o hábito lector mediante a exploración de mundos fantásticos.
-
Desenvolver a competencia dixital a través de ferramentas de IA e mapeo.
-
Mellorar a expresión oral (dicción e entoación) mediante gravacións de audio.
-
Promover o traballo en equipo para lograr un produto final común.
2. Ferramentas Dixitais
-
Aplicacións Empregadas: YouArt, Copilot, Nano Banana, AudioTrimmer, Audacity, StoryMaps (ARcGis), MapHub.
-
Funcións no Proxecto:
-
IA Xenerativas de imaxe
-
Ambientación visual da cidade literaria e a trama da obra
-
Edición de audios
-
Cartografía xeográfica dixital
-
Liñas espaciais
3. Fases do Proxecto
-
Fase 1: Investigación e Selección «O Pasaporte Literario»
Os alumnos/as, divididos en parellas, elixen unha cidade literaria (ex. Macondo, Comala, etc.)
-
Tarefa: Investigar autor, ano de publicación e unha descrición física da cidade.
-
Produto: Unha ficha técnica básica da obra.
-
Fase 2: Localización no Mundo Real
Utilizando MapHub, os alumnos deben decidir en que coordenadas reais «encaixaría» a súa cidade de ficción baseándose nas descricións do autor ou na biografía do mesmo (ex. situar Macondo na zona de Aracataca en Colombia).
-
Fase 3: Creación Visual con IA
-
Uso de ferramentas de IA para dar vida á imaxinación:
-
Acción: Introducir prompts descritivos en YouArt, Copilot ou Nano Banana 2 para xerar unha imaxe que represente a atmosfera da cidade.
-
Desafío: O alumnado debe axustar o texto (prompt) ata que a imaxe reflicta fielmente o argumento da obra.
-
Fase 4: Paisaxe Sonora e Dicción
-
Gravación: Os alumnos elixen un parágrafo significativo da obra e grávano con Audacity.
-
Post-produción: Usan AudioTrimmer para axustar o volume, eliminar silencios innecesarios e asegurar unha dicción clara. Este audio servirá como «audioguía» da cidade literaria.
-
Fase 5: Montaxe en StoryMaps e Timetoast
-
Liña do tempo: En Timetoast, créase unha cronoloxía colectiva de todas as obras tratadas en clase.
-
Integración Final: Envórcanse todos os elementos en StoryMaps. Ao clicar nun punto do mapa, despregarase:
-
Nome da cidade, obra e autor.
-
A imaxe xerada por IA.
-
O reprodutor de audio coa voz do alumno.
-
Unha ligazón á liña de tempo de Timetoast.
4. Metodoloxía para FP Básica
Para asegurar o éxito en FPB, aplicarase a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) cun enfoque «Learning by doing» (aprender facendo), a través de:
-
Gamificación: O proxecto preséntase como a creación dunha viaxe pola mapa do mundo da man das cidades e dos libros nas que son escenario fundamental.
-
Guións: O docente proporcionará modelos e guións de como se elabora os prompts para a IA en función do que necesitemos para cada tarefa.
