Visibilización Colectivo Transexual

     O colectivo trans está integrado por aquelas persoas cuxa identidade ou expresión de xénero difire do sexo que se lles asignou ao nacer. Historicamente, o colectivo trans ten sido un dos sectores máis vulnerables e discriminados dentro da comunidade LGTBIQA+. As súas principais loitas céntranse na despatoloxización das súas identidades (deixar de ser consideradas unha enfermidade), o acceso a unha sanidade digna, o recoñecemento legal da súa identidade sen tutelas médicas e a erradicación da transfobia.

    Para traballar este tema na aula de benestar e convivenza nos recreos levamos a cabo a lectura dunha aventura gráfica moi breve escrita por Caminó Baró e ilustrado por Núria Fortuny, Un secreto pelirrojo

   Unha vex lida en voz alta polo alumnado  que quixo participar na actividade nos períodos de recreo, comezamos unha «tormenta de ideas» guiada pola coordinadora de biblioteca, nas que se lanzaron varias cuestións paralelas á acción da obra.

    Aproveitando a Guía de lectura que as propias autores elaboraron sobre a obra, finalmente seguindo esas Guía o alumnado (integrado fundamentalmente por voluntariado de biblioteca: Bach, 1º CM e 2º FP.Básica (destacamos a presenza de rapaces de Fomación Profesional Básica) elaboraron por escrito un borrador dun cuestionario sobre a obra, coa axuda e supervisión da coordinadora de biblioteca, para incluír no blog da biblioteca e pór a disposición de toda a comunidade educativa a través da páxina web este material.

CUESTIONARIO: Un secreto pelirroxo 

                                        Por outra banda, nesa mesma semana aproveitamos para traer a dar unha pequena charla a dúas personas compoñentes da Asociación ALAS para aclarar termos sobre o colectivo TRANS e a transfobia que sofren habitualmente, así como cuestións legais, para isto contamos cunha compañeira do departamento de Formación Profesional de Admón. e Xurisprudencia que aclarou este asunto, e outras cuestións, por exemplo a actitude na saúde pública.

VÍDEO XORNADA COLECTIVO TRANS

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *