Xogando todo o alumnado e o profesorado na biblioteca polo Nadal

Na despedida do fin do 1º trimestre para ás Festas do Nadal 2024 na biblioteca a cargo do alumnado voluntario e a coordinación e dinamización da mesma, preparáronse xogos tradicionais para xogar en familia ou cos amigos/as, compartindo risas, emocións e por que non….competición para ver quen é máis espilido ou máis creativo.

Enchéusenos a biblioteca e daba xenio ver todas as mesas cheas de rapazada con xogos argallando entre eles e co alumnado voluntario repartindo premios, animando e poñendo orde cando tocaba….sen eles non tería sido posible.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *