Xornadas de Benvida á Biblioteca curso 21_22

Comezamos  o novo curso escolar con medidas melloradas de pandemia co que xa podemos dentro duns límites volver a empregar a biblioteca como espazo común e de interacción entre todos/as.

Este ano foron os alumnos de 2º de Bacharelato de Humanidades: Pablo Añón e Anxo Suárez , membros dende 1º do equipo da biblioteca, os encargados de dar a benvida aos novos e de explicarlles o funcionamento da biblioteca, tamén levaron a cabo un xogo por medio dun kahoot para ver quen era o que prestara máis atención durante a explicación. As xornadas desenvolvéronse as primeiras semanas do curso e os gañadores/as dos diversos cursos foron moitos, porque resultaron uns rapaces/as moi listos e atentos ás explicacións.

       

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *